Galiza fica sen laboratorio europeo de crustáceos, que vai para Dinamarca co apoio de España

A UE optou por manter o laboratorio de referencia para crustáceos, que vai ter como nova sede Dinamarca. Unha decisión que contou co voto favorábel do goberno español.

O Labotarorio europeo de referencia para enfermedades de crustáceos [centola, nécora, camarón, percebe…), que até o de agora estaba en Reino Unido, non desaparece e vai estar en Dinamarca, cambio que conta co voto favorábel do Estado español. Cóntao esta sexta feira a xornalista Lara Graña no Faro de Vigo. A mesma que desvelara o goberno español dera o seu voto favorábel a suprimir o laboratorio europeo de referencia para moluscos bivalvos embora a campaña de Galiza para asumir esas competencias.

 

A UE optou por manter o laboratorio de referencia para crustáceos, que vai ter como nova sede Dinamarca. Unha decisión que contou co voto favorábel do goberno español. Como recolle Faro, non consta ningunha petición doutros estados para albergar este laboratorio.”Iso si, Madrid tampouco a cursou no seu día para acoller o centro de referencia en moluscos bivalvos pese ao interese manifesto do executivo galego”.

 

Ao longo de 2017 a  poxa de crustáceos nas lonxas galegas moveu en primeira venda unha cifra de case 20 millóns de euros