Galiza duplica a media estatal de persoas sen fogar por cada 100.000 habitantes

[Imaxe: EAPN-Galiza]
Os datos do INE sinalan que no país hai 133 persoas sen fogar por cada 10.000 habitantes, cando a media do estado español é de 71. Galiza é o cuarto territorio do estado nesta clasificación

 

Só Ceuta, Melilla e Euskadi superan a Galiza en número de persoas sen fogar por cada 100.000 habitantes. No noso país hai 133 persoas nesta situación por cada cen mil habitantes, mentres a media estatal é de 71. Así o sinalan os datos do estudo elaborado polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Nesta enquisa tamén se indica que, e xa a nivel de estado, o 45% das persoas que quedou sen fogar en 2012 ficou nesta situación por quedars en traballo, mentres que un 21 por cento foi pola separación da súa parella.

Aliás, a metade destas persoas sen fogar teñen fillos. As persoas sen fogar atendidas en centros asistencias de aloxamento e restauración foi neste ano de perto de 23.000 persoas.

O 57,7% das persoas sen fogar ten menos de 45 anos, o 38,4% entre 45 e 64 anos e os maiores de 64 anos representan o 3,9%. A idade media destas persoas sitúase en 43 anos.

Desde o punto de vista do tempo que levan sen fogar, o 31,9% das persoas levan menos dun ano sen dispor dun aloxamento, o 23,6% entre un e tres anos e o 44,5% levan máis de tres anos sen aloxamento propio.