Galiza Contrainfo comeza unha campaña de recollida de fondos

O portal de información alternativa precisa 1.000 euros que serán destinados a pagar as multas impostas pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra.

Galiza Contrainfo comezou hoxe unha campaña de recollida de fondos a rede, "crownfounding", na plataforma Verkami, para apoiar económicamente o proxecto de comunicación e información alternativa Galiza Contrainfo. A partir de esta mañá fican corenta días para chegar o obxectivo fixado de 1.000 euros, que serán destinados a pagar as multas impostas pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra cando estas video e fotoactivistas estaban a realizar o seu labor informativo, asi como os gastos de mantemento da web.

Nesta páxina pódedese e presentaranse as "recompensas" que recibirá aquela persoa que colabore co proxecto: libros, cd's, documentarios, postais, láminas, galicola, vales en tendas ou camisolas moi orixinais. Galiza Contrainfo é un grupo de persoas que desde hai uns anos traballan no campo do vídeo e foto-activismo. Formaron este colectivo para "dar cobertura e difusión a aquelas realidades que os medios de comunicación empresariais silencian ou distorsionan".