Concentracións hoxe na Galiza en rexeitamento ao ataque israelí a Gaza

Mostra de apoio ao pobo palestino diante do Parlamento da Galiza en maio de 2020.
Esta terza feira, 18 de maio, Galiza acollerá unha vintena de concentracións de apoio ao pobo palestino e contra o ataque israelí a Gaza

Mentres continúan bombardeos sobre a Faixa de Gaza e persisten os ataques do exército israelí, Galiza realiza concentracións nas principais cidades e vilas para rexeitar as agresións e ataques de Israel contra Palestina.

Desde o inicio desta nova serie de bombardeos e ataques de Israel a Gaza faleceron xa máis de 200 persoas, entre elas medio cento de nenos e nenas. 

As mobilizacións, en solidariedade co pobo de Paslestina, terán lugar ás 20 horas. 

As concentracións decorrerán baixo un lema común: 'Galiza con Palestina: paremos o xenocidio!'

Aquí, hora e lugar das concentracións: