Galiza abeira xa o millón de persoas coa pauta completa contra a Covid-19

(Foto: Rosa Veiga / Europa Press)

910.000 persoas recibiron as dúas doses e máis do 60,6% da poboación a vacinar recibiu polo menos unha dose.

Galiza avanza na inmunización da poboación fronte á Covid-19 após atinxir as 910.366 persoas con pauta completa, 8.525 máis que a xornada anterior, que supoñen o 38,53% das persoas a vacinar no territorio.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá desta terza feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até o peche da xornada de vacinación da segunda feira, recollidos por Europa Press.

Datos que indican que se administraron 2.267.497 doses, que supoñen 8.951 máis que o día anterior, das 2.418.695 recibidas -tras acumular 69.030 máis-, o que implica o 93,7% das dispoñíbeis en Galiza.

Por grupos de poboación vacinados pola súa condición de vulnerabilidade, administrouse polo menos unha dose a 14.825 persoas de alto risco (+76) e 13.906 completaron a pauta (+70); mentres que 17.831 dependentes non institucionalizados recibiron poflo menos unha dose (+10) e 16.564 contan coa pauta completa (+20). Ademais, 26.259 institucionalizadas recibiron polo menos unha picada (+184) e 25.714 finalizaron o proceso (+223).

En canto ás persoas vacinadas por probabilidade de exposición, 74.669 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose e 66.157 están xa inmunizados (+20). Así mesmo, administrouse polo menos a primeira inxección a 28.637 profesionais do ámbito sociosanitario e 23.163 contan coa pauta completa (+26).

Tamén recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 en Galiza 60.049 traballadores esenciais e 13.443 completaron o proceso (+387).

Até a data administrouse polo menos unha dose a 1.205.195 persoas maiores de 50 anos en toda Galiza

Por grupos de idade, até a data 130.918 persoas maiores de 85 anos recibiron polo menos unha dose; 95.834 de 80 a 84 anos; 133.761 de 75 a 79 anos; 152.122 de 70 a 74 anos; 153.292 de 65 a 69 anos; 172.502 de 60 a 64 anos; 178.990 de 55 a 59 anos e 187.776 de 50 a 54 anos.

Deste modo, até a data administrouse polo menos unha dose a 1.205.195 persoas maiores de 50 anos en toda Galiza, 5.214 máis que a xornada anterior, que constitúen un 94,38% dos galegos e galegas a vacinar a partir desa idade.

A elas engádense 138.687 persoas de 45 a 49 anos e 29.278 de 40 a 44 anos, que supoñen 352 máis que a xornada anterior, despois de iniciarse a semana pasada a vacinación por idade neste grupo.

Até hoxe foron vacinadas 167.965 persoas de 40 a 49 anos, que constitúen un 37,91% dos 443.000 cidadáns a inmunizar neste grupo

Até a data foron vacinadas 167.965 persoas de 40 a 49 anos, que constitúen un 37,91% dos 443.000 cidadáns a inmunizar neste grupo.

Así mesmo, foron vacinadas 21.280 persoas de 35 a 39 anos; 17.187 persoas de 30 a 34 anos; 13.958 de 25 a 29 anos; 7.538 de 20 a 24 anos; 772 de 15 a 19 anos e 12 de 10 a 14 anos.

Por iso, recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid 1.433.907 persoas, 5.911 máis que a xornada anterior, que supoñen o 60,69% da poboación de Galiza a inmunizar.