Galiza canta á Revoluçom dos Cravos

Portugal, 25 de abril de 1974.
Galiza e Portugal ocupan balcóns e xanelas para cantar o 'Grândola'

Entidades sociais, culturais e educativas, ademais da veciñanza, sumáronse este 25 de abril á convocatoria para cantar o 'Grândola', a canción de José Afonso que marcou o inicio da Revoluçom dos Cravos.

Moitas voces uníronse desde as xanelas e os balcóns, de modo colectivo.

Outras , a través das redes sociais, con vídos creados para a ocasión. É o caso daescola Semente Compostela. 

Así, Galiza únese á conmemoración desta data convidada, entre outras entidades, por AJA, a Associaçom José Afonso no país.

Após a suspensión das actividades presenciais previstas para esta xornada a causa da pandemia, a celebración trasladousé á rede, onde Associaçom José Afonso na Galiza conmemora na distancia a "música da fraternidade" e a "amizade sen fronteiras".

A expresión da música e o sentir do 'Grândola' cadrou na Galiza cos cánticos da veciñanza portuguesa desde as súas xanelas.