Galiza baixa dos 3.000 casos activos por coronavirus

(Europa Press)

Aumentan as persoas ingresadas en UCI e o número de vítimas mortais é 581.

Galiza rexistra un total de 2.819 casos activos por coronarivus, segundo o último informe publicado pola Dirección Xeral de Saúde hoxe, o que supón 239 casos. As Unidades de Coidados Intensivos contan con tres pacientesmáis ca onte e un total de 37 persoas ingresadas, mentres que 226 están en unidades de hospitalziación e 2.556 doentes son atendidas nos seus domicilios.

A incidencia da COVID-19 na poboación continúa a ser maior na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. Hai 541 positivos por coronavirus.

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten 155 casos activos. En tanto, a de Coruña e Cee suma 669 casos; a de Lugo, Monforte e a Mariña, 179; a de Vigo, 626; a de Compostela e o Barbanza, 451 e a de Ferrol, 128 casos activos.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 6.561 persoas curadas, rexistrándose 581 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 108.081.

Centros de anciás

Do total de casos en residencias, Sanidade detalla que permanecen 838 casos activos, 547 entre as usuarias e 291 entre o propio persoal. Dos falecementos rexistrados na Galiza relacionados coa COVID-19, 259 corresponden a usuarios e usuarias dos centros de maiores.