Galiza, na axenda do relator especial da ONU sobre pobreza extrema

Philip Alston (ONU)

Philip Alston visita o noso país esta terza feira, onde se reunirá cunha representación do Goberno galego ou departirá con familias afectadas pola exclusión en Monfero, entre otras citas.

Un total de 542 892 persoas na Galiza, 18,8 % da poboación, viven por baixo do limiar da pobreza, fixado en 8.871 euros anuais para unha persoa soa. Esta é una das conclusión dun recente estudo elaborado por CCOO e que ratifica análises e informes que ao longo destes anos advirten e alertan da cronificación de situación de pobreza extrema e exclusión na Galiza.

Datos como os recollidos nun estudo da CIG e que sinalan que un terzo das traballadoras e traballadores galegos ingresa como máximo o salario mínimo. Este grupo aumentou en 5 puntos desde 2009. O de ingresos inferiores á metade do SMI, supón 18% das persoas asalariadas no noso país. Máis de 302.000  traballadores menores de 36 anos non acadan o salario medio anual galego.

Estas son algunhas das realidades ás que se achegará o relator especial da ONU sobre pobreza extrema, que esta terza feira estará na GalizaPhilip Alston, no marco do percorrido que até o 7 de febreiro fará polo Estado español.

A súa axenda para Galiza inclúe reunións con membros do Goberno galego, xuntanzas con xente que coñece a pobreza extrema en Compostela, ou a visita a unha escola en Monfero e reunión con familias afectadas pola exclusión social.