A Xunta fixa que o alumnado terá que aprobar todo para titularse en Bacharelato e só poderá suspender 2 na ESO

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez (Foto: Xunta da Galiza)

A Consellaría dá a coñecer as súas "normas propias" do  Real Decreto de medidas urxentes en educación.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presentou hoxe as "normas propias" da Galiza no marco do desenvolvemento do Real Decreto de medidas urxentes da educación (denominado nalgúns sectores como o decreto de aprobado xeral) coas que se busca, afirma, "non rebaixar o nivel".

Deste modo, coa resolución publicada pola Xunta vólvese aos criterios anteriores que xa rexían na Galiza antes da incidencia da pandemia, de forma que para titularse en Bacharelato haberá que aprobar todo.

O conselleiro di que o decreto xeral é "moi prexudicial para unha sistema educativo como o galego", que se sitúa "en postos de referencia"

Sucede o mesmo de forma xeral na ESO, "agás casos moi excepcionais" polos que se poderá obter o título con dúas materias suspensas se hai acordo do equipo docente -sempre que non sexan conxuntamente lingua e matemáticas-.

En declaracións aos medios en Compostela -nunha visita ao centro Lamas de Abade-, o conselleiro cargou contra este decreto impulsado de forma "unilateral" polo Goberno español, xa que, considera, "racha a igualdade de oportunidade" e "desprestixia en gran medida o traballo de docentes e familias".

O conselleiro di que o decreto xeral é "moi prexudicial para unha sistema educativo como o galego", que se sitúa "en postos de referencia".