A Galiza achégase aos 70.000 casos activos, mentres os contaxios continúan por encima dos 8.000

Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro, Vigo. )Foto: Xunta de Galiza)
A Galiza volve rexistrar un incremento de casos activos de Covid-19, mentres que os pacientes hospitalizados descenden.

A Galiza volve rexistrar un incremento de casos activos de Covid-19 até os 69.717, que supoñen 5.330 máis que a xornada anterior após rexistrarse 8.614 novos contaxios -187 máis-, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus baixan até os 539 -que implican dous menos. Pola súa banda, a taxa de positividade descende tamén lixeiramente, desde o 26% da última xornada ao 25,68% deste sábado.

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18 horas da quinta feira, soben a 56 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 na Galiza -tres máis-, pero descenden a 483 as hospitalizadas noutras unidades -cinco menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase de novo na de Vigo, na de Ourense e en Ferrol; mentres se mantén sen cambios na de Santiago; e aumenta na Coruña, Lugo e Pontevedra.

Así, Vigo mantén a 10 pacientes Covid en UCI pero rexistra 74 noutras unidades -tres menos-; Ourense conta con oito hospitalizados en críticos -un máis-, pero con 68 en unidades convencionais -sete menos; e Ferrol, aínda que non rexistra cambios en UCI, con tres pacientes, rexistra 27 en planta -cinco menos.

Por outra parte, no distrito sanitario da Coruña e Cee soben a 17 os pacientes Covid ingresados en UCI -un máis- e a 123 os doutras unidades -cinco máis-; en Lugo, son cinco os ingresados en críticos -dous máis- e 52 en planta -dous máis-; e en Pontevedra hai oito hospitalizados en UCI -un máis- e 64 noutras unidades -uno máis.

A de Santiago e Barbanza non rexistra cambios na última xornada no total de pacientes, 80, aínda que cambian a súa distribución. Así, conta con cinco pacientes en UCI -dous menos-, pero con 75 noutras unidades -dous máis.

 

O maior incremento corresponde á de Vigo, seguido da Coruña e Cee (+996), Pontevedra e O Salnés

 

Casos activos

Os casos activos manteñen a tendencia ascendente -após a adaptación esta pasada quinta feira por parte do Sergas do novo protocolo de altas de pacientes infectados pola Covid que reduce os días de corentena-, e ascenden a 69.717, que supoñen 4.936 máis que o día anterior.

Por áreas sanitarias, o maior incremento corresponde á de Vigo (+1.587), seguida da da Coruña e Cee (+996), Pontevedra e O Salnés (+671), Santiago (+617), Lugo (+531), Ourense (+293) e Ferrol (+241).

Así, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 17.489; seguida da da Coruña e Cee, con 14.045; Santiago e Barbanza, con 10.706; Ourense, con 8.341; Pontevedra e O Salnés, con 7.912; Lugo, con 7.214; e á cola continúa a de Ferrol, con 4.010.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado 14 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días da Galiza aumenta a 3350,78 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3192,46 de media no Estado.

 

A taxa de positividade en PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test- mantense moi por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

 

Aumentan os contaxios

Os novos contaxios de Covid-19 aumentan a 8.614, que supoñen 187 máis que os 8.427 da sexta feira, após os 7.875 da quinta feira, algo máis que os 8.343 da cuarta, após os 5.927 da terza feira e comezar esta semana con 4.966.

Deste xeito, a Galiza acumula desde o inicio desta pandemia 327.768 contaxiados por coronavirus, dos que 74.988 corresponden á área de Vigo; 69.500, á da Coruña; 49.402, á de Santiago; 41.184, á de Ourense; 39.003, á de Pontevedra; 33.899, á de Lugo; e 19.792, á de Ferrol.

Nas últimas 24 horas realizáronse 7.064 PCR, que eleva a 3.455.181 as feitas desde o inicio da pandemia; e 12.461 test de antíxenos, que suman 1.280.662, o que supón 19.525 probas efectuadas entre ambas.

En canto á taxa de positividade en PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, descende até o 25,68% desde o 26,09% do día 14, após caer lixeiramente a un 25,32% o 13,. Así, mantense moi por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Falecidos e curados

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia no conxunto da Galiza ascenden a 2.843, ao notificar a Consellería de Sanidade este xoves sete óbitos.

Mentres, 255.255 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse en todo o país desde o comezo desta crise sanitaria, que constitúen 3.672 máis que as rexistradas até o día pasado.