Coronavirus: a morte de 8 persoas nas últimas horas eleva as vítimas mortais na Galiza a 97

A Xunta cifra as contaxiadas en 3.758, das que 47 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Hai 94 vítimas mortais. 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informa que, na última actualización, esta terza feira, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 3.758, deles 817 son da área da Coruña, 371 da de Lugo, 520 da de Ourense, 366 da de Pontevedra, 928 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 209 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 147 permanecen en UCI, 822 están en unidades de hospitalización e 2.789 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 187 altas de pacientes e 97 falecementos.

O balanzo de falecementos na Coruña é de 34, en Ferrol 8, en Santiago 13, en Lugo 7, en Ourense 14, en Pontevedra 8 e en Vigo 13.

O número de PCR realizadas é de 17.276.

O Ministerio de Sanidade fala de que na Galiza hai 4.039 casos confirmados por COVID-19, cifra na que inclúen falecementos e persoas dadas de alta.

No estado español as cifras desta terza feira falan de máis de 94.000 persoas contaxiadas e o número de vítimas mortais é xa de máis de 8.100.