Galiza abeira os 7.000 casos de contaxio por coronavirus

(Europa Press)

Son 56 máis ca onte. As altas acumuladas son 1.841, das que 25 foron nas últimas 24 horas. A cifra de vítimas mortais é 546.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, sta terza feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza ascende a perto de sete mil, en concreto 6.947.

Deles, 1.667 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 1.325 da de Ourense, 576 da de Pontevedra, 1.236 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 407 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, o que supón 10 menos que na xornada de onte, mentres 495 están en unidades de hospitalización e 6.379 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 1.841 altas de pacientes e 546 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 90.000.

Segundo os datos ofrecidos pola autoridades sanitarias, o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais da Galiza supoñen 3,5% do total das persoas residentes.

O Goberno galego detalla que o número de falecidos en residencias de maiores é de 128, mais 119 en hospitais e centros integrados. En total 247 vítimas mortais.

En canto aos casos de coronavirus activos nestas instalacións suman 1.204, das cales 861 son entre as persoas residentes e 343 entre o persoal traballador.