Galiza abeira 70% da poboación vacinada contra a Covid con polo menos unha dose e case o 53% inmunizados

Proceso de vacinación do persoal sanitario na área de Vigo (Foto: Sergas).

Avanza na vacinación dos maiores de 40 anos con máis do 93% con polo menos unha dose e suma uns 32.300 máis no grupo de 35 a 39 anos.

 

Galiza abeira o 70% da poboación diana a vacinar fronte á Covid-19 con polo menos unha dose, con 1.712.432 persoas -que supoñen máis de 36.000 que a xornada anterior-, mentres que a 52,89% conta coa pauta completa, tras terminar o proceso 1.298.328 -constitúen 134 máis-.

Segundo os datos actualizados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de  Sanidade con rexistros até o fechamento da xornada de vacinación do domingo, recollidos por Europa  Press, administráronse 2.883.496 doses, 36.401 máis que a xornada anterior das 3.090.575 recibidas ata o momento, que supoñen un 92%.

Diso dedúcese que a xornada de vacinación deste domingo na Galiza centrouse en vacinar persoas do grupo de 35 a 39 anos, con 32.394 vacinados máis que o día anterior, e a seguir cos de 40 a 44 anos, con 3.744 doses máis.

Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por  Sanidade indican que se administrou polo menos unha dose a 15.017 persoas de alto risco (+8) e 14.634 completaron a pauta; mentres que 17.614 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+1) e 17.337 contan coa pauta completa. Ademais, 26.371 institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira dose e 26.221 finalizaron o proceso.

En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 73.051 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose (+4) e 70.927 están inmunizados (+5). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.337 profesionais do ámbito sociosanitario e 26.323 contan coa pauta completa.

Até o momento recibiron polo menos unha dose 1.600.227 persoas maiores de 40 anos en Galiza, que supoñen un 93,03% das 1.720.101 chamadas a vacinar a partir desa idade

Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto de Galiza 45.754 traballadores esenciais (+2) e 38.868 completaron o proceso (+5). En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.507.243 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+36.272) e 1.103.993 teñen a pauta completa (+124).

Até o momento recibiron polo menos unha dose 1.600.227 persoas maiores de 40 anos en Galiza, que supoñen un 93,03% das 1.720.101 chamadas a vacinar a partir desa idade -segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade-.

Así mesmo, foron vacinadas 70.404 persoas de 35 a 39 anos (+32.394) -colectivo ao que se empezou a vacinar por idade a fin de semana pasada-; 18.471 de 30 a 34 anos (+5); 14.627 de 25 a 29 anos (+4); 7.862 de 20 a 24 anos (sen cambios); 830 de 15 a 19 anos (+1) e 11 de 10 a 14 anos (sen cambios).

Por tanto, 1.712.432 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en Galiza, un 69,76% da poboación diana a vacinar -2.454.497 cidadáns, segundo os datos do Ministerio de Sanidade-, 36.289 máis que a xornada anterior.