Galiza: 10.554 pacientes curados do coronavirus

O número de casos activos é de 331, dos que só 4 están en hospitalización.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta cuarta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 331.

Deles 108 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 21 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 135 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 327 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.554 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 168.410.

Residencias de anciás

Nas residencias de anciás hai 5 contaxiadas, das que 4 son usuarias e 1 traballadora.

O número de falecementos mantense en 274.