Galiza planifica que antíxenos en domicilios que dean positivo se validen sen PCR

Test de antíxenos (Foto: Rober Solsona / Europa Press).
Sanidade di que isto permitiría, coa tramitación posterior, para a cal se incorporarán médicos sen a especialidade concluída como técnicos, a xestión das interrupcións temporais do traballo ( ITT), é dicir, as baixas laborais.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que unha das medidas que se planifican para o desconxestionamento da atención primaria ante o aumento "explosivo" dos casos positivos sexa a validación dos test que se realizan en domicilios, sen que se necesite a PCR de validación.

Isto permitiría, coa tramitación posterior, para a cal se incorporarán médicos sen a especialidade concluída como técnicos, a xestión das interrupcións temporais do traballo ( ITT), é dicir, as baixas laborais.

Na rolda de imprensa posterior ao comité clínico -que asesora á Xunta- convocado esta segunda feira, Comesaña apuntou que se trataría tamén de evitar ter que contactar co médico de familia para a realización dos trámites, salvo que o estado de saúde o requiera.

Este paso xa foi dado ao longo destes días por outros territorios do Estado, como Catalunya, como medida para desconxestionar os centros de saúde. 

A pandemia da Covid-19 volve a traer situacións de abuso nos prezos de produtos fundamentais para manter lonxe a posibilidade de contaxios na sociedade. Aconteceu coas máscaras cando apareceu o virus e as primeiras medidas sanitarias impuxeron as máscaras. Pouco tempo despois, pasou o mesmo cos xeles hidroalcohólicos. Agora as denuncias por especulación chegan aos test de antíxenos, unha ferramenta sinxela e doada de empregar coa que podemos realizarnos un autodiagnóstico. 

Desde que se aprobara o pasado 21 de xullo de 2021 no Boletín Oficial do Estado (BOE) o Real Decreto polo que se permitía a súa venda en farmacias, sen necesidade de contar cunha receita médica, a súa popularidade non deixou de aumentar. As medidas de control que se foron aprobando fixeron que a súa demanda aumentase, segundo algunhas fontes, a partir de finais do mes de novembro.