FERVEN AS REDES SOCIAIS

Galicia Bilingüe compara a estreleira coa esvástica nazi

Captura de pantalla

A polémica organización galegófoba Galicia Bilingüe fai ferver as redes sociais ao comparar en dúas fotomontaxes a bandeira da patria coa esvástica do nazismo. O BNG da Coruña emprazou a entidade a pedir desculpas.

Galicia Bilingüe volve crear polémica ao estabelecer unha equivalencia entre a estreleira e a esvástica nazi a través de imaxes en Twitter. No primeiro dos chíos reproduce unha instantánea da bancada de Riazor cunha bandeira xigante da patria baixo o lema “Unha terra, un pobo, unha bandeira”.

Este chío provocou que o BNG da Coruña se dirixira á entidade para lle esixir desculpas, así como peñas deportivistas.


De seguido, Galicia Bilingüe publicou outro chío na mesma liña, coa imaxe dunha bandeira da patria e unha esvástica nazi.

Non tardaron en chegar as reaccións contrarias á comparación de Galicia Bilingüe, que cualifican esta organización de fascista, miserábel e noxenta. Diante das numerosas reaccións, a organización galegófoba botou máis leña ao lume ao aludir “a los nacionalistas imponelenguas que se pican”.