Galiza aproxímase aos 2.000 falecidos con covid após a morte de 16 persoas

Dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, a 6 de febreiro de 2021. [Imaxe: Rosa Veiga / Europa Press].
A Consellaría de Sanidade notificou este sábado a morte de 16 persoas -de diferentes días-, de forma que o total de vítimas na Galiza desde o inicio da pandemia aproxímase ás 2.000 (1.950).

Galiza rexistra un total de 19.966 casos activos por coronavirus, segundo os últimos datos actualizados polo Servizo Galego de Saúde. 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 19.966, deles 5.319 son da área da Coruña, 1.863 da de Lugo, 2.240 da de Ourense, 2.526 da de Pontevedra, 3.301 da área de Vigo, 3.023 da de Santiago e 1.694 da de Ferrol. 

Do total de pacientes positivos, 248 están en UCI, 1.026 en unidades de hospitalización e 18.692 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 82.275 persoas curadas. O número de PCR realizadas é de 1.497.496.

Falecementos

A Consellaría de Sanidade notificou este sábado a morte de 16 persoas -de diferentes días-, de forma que o total de vítimas na Galiza desde o inicio da pandemia aproxímase ás 2.000 (1.950). 400 deles en hospitais e residencias integradas.

Estas 16 persoas tiñan patoloxías previas. Dúas delas estaban vinculadas con residencias: un home de 94 anos do centro de Bande (falecido no CHUO) e unha muller de 85 anos, cuxa defunción se produciu na DomusVi de Vimianzo.

Estes dous óbitos en residencias producíronse o 5 de febreiro. Ese día a lista complétase con: seis persoas no Chuac (dous homes de 71 e 79 anos, e catro mulleres de 59, 77, 84 e 68); dous no CHUF (un home de 91 e unha muller de 79); dous homes no CHUO (de 78 e 86); e un home de 80 no HULA.

No tocante a este sábado, 6 de febreiro, hai tres defuncións: un home de 54 anos (Chuac), un home de 89 (CHUS) e un home de 65 (HULA).