Un Galeuska nos dominios en internet: .gal .cat e .eus procuran liñas de colaboración

Imaxe: puntoGAL

PuntoGal conta actualmente con máis de 4.200 dominios.

PuntoGal, o dominio galego en internet, tamén se suma ao Black Friday, o 24 de novembro, e ofrece os seus dominios a tan só 5 euros máis IVE. Esta promoción estará aberta ata o Cyber Monday, o día 27. Segundo informa a propia asociación, esta promoción fai parte das accións acordadas cos rexistradores que traballan habitualmente con PuntoGal, cos cales o dominio mantivo unha reunión de traballo en Compostela. “Nesa xuntanza, na que tamén estiveron presentes os rexistros .eus (Euskadi) e .barcelona e .cat (Cataluña) propuxéronse distintas liñas de colaboración para optimizar a comercialización dos dominios”.

 

PuntoGal conta actualmente con máis de 4.200 dominios, e con esta oferta finaliza as súas promocións no presente ano. A anterior acción foi a realizada en colaboración co Museo do Pobo Galego co gallo do seu corenta aniversario.