As galegas seguen 'enganchadas' ao tabaco

tabaco fumar nicotina
As galegas foron das que menos reduciron o consumo de cigarros desde a entrada en vigor da Lei Antitabaco hai 15 anos.

Galiza é, por detrás da Rioxa, o territorio onde menos descenderon as vendas de cigarros con motivo da entrada en vigor da Lei Antitabaco. Segundo os datos do Comisionado para o Mercado de Tabacos, a comercialización de cigarros descendeu nestes quince anos (a lei aprobouse en 2005) na Galiza 45,44%, namentres na Rioxa caeu só 41,74%.

O dato galego contrasta co de territorios como Andalucía (57,15%), Illes Balears (55,85%) e Euskadi (53,73%). No conxunto do Estado español, as vendas pasaron de 4.634,97 millóns de paquetes en 2005 a 2.242,9 millóns o pasado ano, o que supón unha baixada de 51,61%.

A Lei Antitabaco aprobouse a finais de 2005 e entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2006. No 2011 foi reformada para incluír restricións como a prohibición de fumar en espazos públicos de uso colectivo (parques infantís e recintos sanitarios), e locais abertos ao público que non estean ao aire libre.

Loita contra o tabaquismo

Pese ao descenso das vendas de caixas de cigarros entre 2005 e 2019, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, avanzou que a lexislación contra o tabaco dará "un paso decidido" esta lexislatura para loitar conta o aumento do tabaquismo.

"Hai certa urxencia nun paquete de medidas para evitar este problema que mata a máis de 50.000 personas ao año en España. Non hai que relaxarse e non nos imos relaxar. A postura do Ministerio vai ser dar un paso máis", afirmou Illa, quen non descartou ademáis cambios na fiscalidade ou na regulación das novas formas de fumar.