O gaiteiro que non tocou para Vox

Sen titulo

A formación de ultra dereita moveu nas redes sociais unha foto da marcha deste domingo dos de Abascal entrando no Obradoiro aos sons dun gaiteiro. O músico desminte o que as imaxes poden dar a entender.

“El gaitero nos recibe a nuestra entrada en la Plaza del Obradorio”. Este chío, coa imaxe dun gaiteiro a tocar no Arco de Xelmirez ao paso da marcha de Vox deste domingo cara ao Obradoiro, foi movida polas redes sociais pola formación de ultradereita. Unha imaxe coa que querían mostrar arraigo e apoio na Galiza.

O gaiteiro que sae na foto xa saíu, tamén na redes sociais, a dar a súa opinión: “Verdadeiramente noxento”.

Xesús Rodríguez, que así se chama o músico escibre: “Quero deixar moi claro que eu estaba a tocar como fago habitualmente e apareceu de súpeto toda esta tropa, eu NON RECIBÍN A NINGUÉN.”.

“Xa tiña constancia -prosegue- das manipulacións e dos bulos de certos partidos políticos pero nunca imaxinei ser vítima dunha das súas montaxes”, conclúe.