Gadis pon en marcha o programa educativo 'Alimentes Dixital' para fomentar hábitos de vida saudábeis en escolares

O proxecto de Gadis busca concienciar sobre hábitos saudábeis (Foto: Gadis).
'Alimentes Dixital' é unha ferramenta didáctica baseada en catro áreas temáticas que se traballan de forma transversal; alimentación saudábel, desenvolvemento local e produción sostíbel, consumo responsábel e desperdicio alimentario.

A cadea de Supermercados Gadis puxo en marcha unha nova edición do programa educativo 'Alimentes Dixital', iniciativa orientada a inculcar hábitos saudábeis nos escolares de Educación Infantil e Primaria da Galiza e Castela e León.

'Alimentes Dixital' é unha ferramenta didáctica baseada en catro áreas temáticas que se traballan de forma transversal; alimentación saudábel, desenvolvemento local e produción sostíbel, consumo responsábel e desperdicio alimentario.

"Repetir o éxito"

Nesta edición, segundo informa a empresa, o obxectivo é repetir o "éxito" do curso pasado, no cal participaron 28.000 menores de 442 colexios de ambos os territorios.

O proxecto, explican desde Gadis, inclúe propostas formativas en formato texto, vídeos e fichas interactivas, así como visitas aos supermercados.

Para incentivar que se finalice o itinerario, engade, Gadis premiará a quen o complete cun kit de Prato Alimentes e sorteará cinco packs de tablets entre todos os centros educativos.