Nunha guía-manual

A Fundación de Mulleres do PP relaciona ser promiscua co risco de sofrer violencia machista

Unha guía de 'Mujeres en Igualdad' apunta a que o inicio cedo de relacións sexuais é outro factor de risco.

'Mulleres en Igualdade', fundación do PP, afirma nunha guía que a promiscuidade e o comezar cedo a ter relacións sexuais son “factores de risco” que aumentan as posibilidades de que unha rapaza sexa vítima da violencia machista, segundo sinala El Diario nunha información. Así, e en base a esa guía de 'Mulleres en Igualdade', o baixo nivel de escolarización e as dificultades económicas son tamén variábeis que entrarían nesa situación de risco.

Tal e como relata 'El Diario', a guía ('As mozas como novas vítimas') aponta a que a vulnerabilidade das mozas perante agresións machistas aumenta se son febles emocionalmente (“Baixa auto-estima, transtornos da conduta alimentar, depresión crónica”). Outras causas ás que se fai referencia é “un emparellamento temprano” e “unha maternidade prematura (15-20 anos).

A guía é de 2011 e contou con subvencións do Instituto da Muller e do Fondo Social Europeo, segundo 'El Diario'.