"Fuches o único que se meteu a axudar a Samuel": amigas e familiares reencóntranse co mozo senegalés que tentou evitar a agresión

Emotiva xuntanza na Coruña.

Amigas e familiares de Samuel Luiz reencontráronse esta quinta feira co mozo senegalés que intercedeu durante a agresión para agradecerlle a súa axuda.

Segundo contou Lina, a amiga presente no incidente, este mozo foi a única persona que se meteu a intentar parar a agresión a Samuel.

No vídeo que foi partillado en redes sociais, un familiar abraza o mozo senegalés. "Así debemos xulgar unha persona, pola súa bondade", afirmou. O home recalca que este mozo "foi a única persona que tentou axudar a Samuel" e sinálao como "un exemplo de amor e comprensión".

O vídeo, que acumula miles de reproducións en redes, conta tamén con moitos comentarios de agradecemento cara o mozo senegalés, e ademais moitas persoas piden que se regularice a súa situación, xa que supostamente non ten papeis.

 

A Delegación do Goberno español na Galiza informa da detención durante a pasada noite dunha cuarta persoa como suposta autora da agresión mortal a Samuel Luiz. O cuarto detido é un home amigo dos tres detidos a pasada terza feira e que tampouco coñecía á vítima, indica Delegación .