Fruga reclama que a Xunta "rectifique" e garanta o funcionamento de feiras e mercados de alimentación

Praza de Abastos de Compostela.
A Federación Rural Galega (Fruga) reclámalle á Xunta que "rectifique" e garanta o funcionamento de feiras e mercados de alimentación, á vez que a acusou de tomar medidas guiada por "o alarmismo e a psicose colectiva".

A Federación Rural Galega (Fruga) vén de reclamarlle á Xunta que "rectifique" e garanta o funcionamento de feiras e mercados de alimentación, á vez que a acusa de tomar medidas guiada por "o alarmismo e a psicose colectiva".

Neste sentido, Fruga chamou a atención sobre o feito de que se prohiban estas actividades á vez que se "salienta que o abastecemento alimentario está garantido e se blinda a apertura de grandes áreas comerciais, supermercados e hipermercados".

"Precisamente nestes estabelecementos están a vivirse xa as primeiras situacións de tensión, tendo en conta que numerosos produtos desaparecen dos andeis segundo son repostos, e, en moitos casos, tal reposición non se produce, polo que o desabastecemento está servido apenas a unhas horas da declaración da situación de alerta", criticaron nun comunicado de prensa.

numerosos produtos desaparecen dos andeis segundo son repostos, e, en moitos casos, tal reposición non se produce, polo que o desabastecemento está servido apenas a unhas horas da declaración da situación de alerta

Desde a Federación lembraron as "singularidades" de Galiza e "a importancia das feiras e mercados periódicos" no modelo de consumo. Do mesmo xeito, lembran que se celebran ao aire libre e "cunha circulación de persoas nada comparábel ás longas e apertadas filas que se están producindo nas caixas de pago dos supermercados".

"Ao mesmo tempo, con estas medidas, milleiros de agricultores que teñen o seu medio de vida na venda directa dos seus produtos, verémonos absolutamente desamparados pola Administración, sen poder dar saída aos nosos produtos e, por tanto, sen ter ingresos mentres duren estas medidas que desde algúns medios dan por feito que poden durar varios meses", resolveron.