FRUGA esixe unha reunión con Medio Rural a causa das sarabiadas

A Federación Rural Galega demanda á Consellaría do Medio Rural a celebración da reunión xa prometida no pasado mes de marzo tralos prexuízos causados polas sarabia.

Dende FRUGA denuncian a incapacidade de Medio Rural ou falta de vontade para reunirse e dialogar co sector e cos seus representantes salientando que nin tras as xeadas de abril nin os incendios do verán tivo lugar este encontro.

 

A pasada fin de semana, o pedrazo atinxiu distintas zonas do Ribeiro. Isto provocará que este ano practicamente non se poda vendimar. Xurxo Álvarez, viticultor afectado tanto polas xeadas do mes de abril como pola sarabia, lamenta o “ensimesmamento e autismo” da consellaría.

 

Nalgúns casos a perda pode ser total, chagando a non poderse vendimar nin un só acio. Após estes acontecementos, a Federación solicita de novo que se realice esta reunión.