Os 'seals' da armada española desembarcan na Galiza para se adestrar "en auga e clima frío atlántico”

(Foto: Armada española)

Até o 23 de bril e en diferentes lugares da nos costa, como as Rías Baixas ou Ferrol.

As unidades da armada española que constitúen a capacidade de Forza de Guerra Naval Especial (FGNE) veñen a Galiza para se adestrar “en ambiente marítimo e terrestre en clima atlántico”.

Así informa o Ministerio de Defensa nun comunicado, indicando que do 11 ao 23 de abril e como parte do seu programa anual de adestramento, a Forza de Guerra Naval Especial, trasládase a Galiza “para realizar exercicios e adestramentos"en augas e clima frío atlántico".

Durante este período, a unidade, indica Defensa, "realizará diversos adestramentos e exercicios propios dunha unidade da súa índole", como son saltos paracaidistas á auga, mergullo de combate, colaboración con diferentes plataformas navais para adestramento en operacións marítimas e outros.

Por tanto, durante o seu despregamento en terras galegas, instalarán a súa base de operacións na Escola Naval Militar en Marín e realizarán exercicios en diferentes localizacións das Rías Baixas e desprazaranse a Ferrol para realizar exercicios e colaboracións cos alumnos das escolas da armada desa localidade coruñesa.

A Forza de Guerra Naval Especial, sinala Defensa, "aumenta as súas capacidades operativas grazas ao apoio de diferentes helicópteros da  Flotilla de Aeronaves da Armada Española, nesta ocasión, helicópteros  SH-60 F e  SH-60 B das 5ª e 10ª  Escuadrillas".

A  FGNE, indica Defensa, "está capacitada para realizar Operacións Especiais".