Unha forte granizada provoca a saída de vía dun camión e varios vehículos na AP-9 ao seu paso por Portas
27 de xaneiro de 2026 (16:47 h.)
A vía non está cortada, mais foi solicitado aos condutores e condutoras extremar as precaucións.
Unha forte granizada provocou que un camión e varios vehículos sufrisen unha saída de vía na AP-9 ao seu paso polo municipio de Portas (comarca de Caldas). Segundo fontes da Garda Civil, os feitos producíronse sobre as 15.30 horas desta terza feira no punto quilométrico 114 de esta. A vía non está cortada, mais foi solicitado aos condutores e condutoras extremar as precaucións.