Convocan folga en Atención Primaria 27 e 28 de novembro

(Cedida)
Convocada polas Asembleas de Áreas Sanitarias. 

A Asemblea Galega de Áreas Sanitarias aprobou convocar greve para médicos de familia e pediatras de atención primaria para os días 27 e 28 de novembro. Tamén se acordou a realización de mobilizacións locais durante os días de folga.

Os puntos reivindicativos aprobados na folga son seis: Xerencia de Atención Primaria. Recuperar a estrutura de xestión de atención primaria en 3 meses, tempo para atención ó paciente: limitación de 30 citas por día.3. Estabilidade e non precariedade: oferta e convocatoria de “todas” as vacantes de “todas” as categorias mediante OPE; Cobertura de 100% das ausencias de “todas” as categorias; Orzamento específico e propio de Atención Primaria ata acadar 25%, a razón dun incremento mínimo anual de 3 puntos porcentuais;e Atención Homoxénea en todas as áreas sanitarias.

“Facemos un chamamento ao conxunto de profesionais, á cidadanía que xa nos ven acompañando, partidos políticos, organizacións sindicais e socias a que unan as súas forzas con nos para a defensa dun Sistema Sanitario Público centrado no paciente que necesita para a súa subsistencia dunha Atención Primaria que sexa o seu Eixo Vertebrador”.