Folga o 19 de xuño de médicos de Atención Primaria

folga atención primaria vigo

Convocada pola Asemblea de Áreas Sanitarias de Galiza para demandar máis persoal e financiamento para este servizo.

A asemblea de médicos de Atención Primaria propuxo a mediados de maio convocar unha folga de licenciadas sanitarias na Galiza o 19 de xuño. A Asemblea de Áreas Sanitarias de Galiza acordou esta cuarta feira por unanimidade convocar una greve no servizo de Atención Primaria para esa data, 19 de xuño. O colectivo Precarias e o das traballadoras dos PAC tamén se suman a esta folga.

As reivindicacións pasan por máis persoal e un incremento progresivo do financiamento para este servizo ata 25%. Tamén reivindican compromisos contra a precariedade e que se habilite xa a derivación e a consulta telemática con outros servizos desde a Atención Primaria.

Para a semana está preista unha nova xuntanza do Consello Técnico de Atención Primaria. A plataforma SOS sanidade Pública considera que se o día 14 ese Consello non dá resposta ás necesidades reais da AP, valoraráise convocar todo tipo de mobilizacións colectivas