Social

O lanzamento dos fogos do Apóstolo orixinou un incendio nun parque compostelán

Imaxe de arquivo (Foto: Compostela)
O foco, localizado no parque Eugenio Granell, no sur da cidade, xa foi extinguido. Estímase que queimou 1,7 hectáreas.

O lanzamento dos fogos do Apóstolo na madrugada do 25 de xullo provocaron un incendio no parque Eugenio Granell (Compostela) que queimou 1,7 hectáreas.

O lume iniciouse, segundo os primeiros indicios, por un resto dos proxectís que prendeu na zona. O incendio quedou sufocado arredor da 1.30 horas da madrugada de hoxe.

O parque era un dos seis puntos desde onde se lanzaron os fogos, que tradicionalmente tiñan lugar desde a praza do Obradoiro.

O concello decidiu este ano, polo impacto da pandemia, disgregar o lanzamento desde distintas localizacións na cidade.

O organismo informaba onte a través da súa conta de Twitter que as "condicións de risco extremo de incendio" forestal da xornada obrigaban a cancelar os lanzamentos previstos desde o Monte de Deus (barrio de Vite) e a Granza do Xesto, no monte Pedroso.