O foco de Covid de Meira rexistra 18 positivos, tras sumar dous máis

Séguese co rastrexo de todos os contactos.

O foco de coronavirus Covid-19 rexistrado no municipio de Meira elévase a 18 casos positivos, tras sumar dous novos, confirmaron esta segunda feira a Europa Press fontes da área sanitaria de Lugo.

Sobre este surto, de orixe familiar, as mesmas fontes sanitarias puntualizaron que se fixeron probas a todos os contactos e séguese co rastrexo de todos os contactos.

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte concentra 495 casos activos na provincia, dúas máis que este domingo, dos que 34 corresponden a pacientes hospitalizados, cinco deles en UCI e 29 noutras unidades de hospitalización.