Os positivos en Melide soben a 19 e en Arzúa hai un foco con 8 casos vinculado a unha peregrina

camiño santiago

Os casos activos por coronavirus en Melide ascenden a un total de 19, segundo os datos achegados esta tarde pola área sanitaria de Santiago e Barbanza.

En concreto, hai dous casos máis do estudo de contactos vinculados ao gromo dun grupo de mozos, polo que son 16. A estes únese o gromo familiar que permanece establece con tres casos.

Entre esta cuarta e quinta feira, realizáronse perto de 1.000 probas PCR a mozas da zona de entre 18 e 30 anos após a detección deste brote.

Mentres, no municipio de Arzúa existe un foco con oito positivos até o momento, o cal está vinculado a unha peregrina que facía o Camiño de Santiago.

Así mesmo, a área sanitaria tamén informa dun brote familiar no municipio de Lalín, que conta con seis casos activos.