Un foco con 30 contaxiados nunha residencia de Vilalba

Imaxe de arquivo dunha residencia (Foto: Europa Press)
Na Galiza hai 359 usuarias con Covid. 

O número de usuarios de residencias da Galiza diagnosticados con Covid-19 ascendeu até 359 -22 máis que onte- despois de que se notificase o contaxio de 30 persoas na residencia Asilo de Vilalba  nunha xornada na que tamén se comunicaron varias altas.

Ademais desta trintena de novos casos, o último parte da Consellería de Política Social informa de que se rexistrou un positivo na residencia  N.S. das Virtudes de Pontedeume.

O departamento, así mesmo, retirou do cómputo tres casos por dar negativo: Trátase de tres usuarios do centro  DomusVi Coruña de Oleiros. Ademais, na pasada xornada, as autoridades sanitarias notificaron o falecemento de seis usuarios de residencias.

Deste modo, aos 337 casos de coronavirus rexistrados na pasada xornada habería que restarlle tres altas e seis falecidos, pero tamén sumar 31 novos casos, o que sitúa o total de usuarios de residencias contaxiados en 359.

En canto aos traballadores destes centros, mantéñense en 226 os positivos, os mesmos que na xornada do mércores.