Fiscalía advirte da suba do 45% en procesos por violencia machista e do 51% nos delitos sexuais

Miguel Santalices e Fernando Suanzes (Foto: Europa Press)

Os procesos xudiciais por violencia machista na Galiza subiron un 45,7% ao longo do ano 2019, até situarse no total de 10.598. Á súa vez, os delitos cometidos contra a liberdade e a indemnidade sexual ascenderon un 51%, cun total de 1.894 procedementos incoados.

Así se desprende da Memoria Anual da Fiscalía Superior da Galiza correspondente ao ano 2019, que esta segunda entregou o fiscal superior, Fernando Suanzes, ao presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices.

Tras manter unha reunión no despacho da Presidencia da Cámara, Suanzes compareceu ante os medios para explicar que ao longo do ano pasado houbo un "aumento significativo" da actividade xudicial "en todas as ordes", á vez que "se incrementaron todos os delitos".

Segundo as súas palabras, isto débese a que 2019 foi un ano de "recuperación" tras a folga da administración de xustiza en 2018.

(En ampliación)