Que facer?

A fin de semana da rapa das bestas

Un aloitador no medio das bestas

A Rapa das Bestas 

Sabucedo (A Estrada)

06-09.07.2018

A axenda da Rapa 2018 tivo a súa pistolada de saída na quinta feira 5 de xullo, ás 22h, coa 9ª Gala Rapa das Bestas de Sabucedo na honra e loubanza dos aloitadores. A noite da sexta, día 6, estará impregnada de música co festival Rapasons, en que actuarán Davide Salvado; Fillos do Estramonio; Festicultores e Liviao de Marrao. O momento culminante da Rapa terá lugar coa "baixa" dos cabalos e bestas desde o monte na mañá do sábado, día 7, e nos curros do propio sábado (19 horas), domingo (12 horas) e segunda feira 9 (12 horas). Esta edición concluíra a segunda feira, día 9, ás 18h coa solta das bestas.

 

Volve a Praza dos Libros a Carballo

Carballo

Xardín Municipal Cultura

Até o domingo

Carballo arroupa unha nova edición da Praza dos Libros, catro días e unha programación intensa con contacontos, música, presentacións, premios, libros e máis actividades.

 

Ribadeo Indiano

Ribadeo

Diversos espazos 

Sexta feira, sábado e domingo.

Recreacións teatrais, ruadas, actuacións musicais… transforman as rúas de Ribadeo no ambiente propio de principios do século XX, tradicións e modas levadas polos indianos. 

 

XIV Encontro Tradicional Zona da Zanfona

Rianxo

Diversos espazos 

Sexta feira, sábado e domingo

O único festival temático sobre instrumento na Península Ibérica realiza o seu encontro anual, organizado por aCentralFolque, cun programa para todos os públicos, concertos e mais actividades.

 

XVII Festa Rachada

A Baña 

Área recreativa Agra de Chans

07.07.2018

Agra de Chans acolle unha nova edición da Festa Rachada, organizada pola ACM Os Campantes da Baña, unha romaría popular con xantar campestre, música, xogos durante todo o día.

 

Romaría Irmandades da Fala 

A Coruña

Elviña

Sábado

12h

Romaría e xantar campestre que servirán para lembrar as xuntanzas que se organizaban desde o colectivo das Irmandades da Fala.