Ferido un neno após ser atropelado por un coche en Vigo

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Os feitos ocorreron por volta das 18 horas horas e foron os servizos sanitarios os que alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.

Un menor resultou ferido na tarde desta quinta feira en Vigo tras ser atropelado por un vehículo na rúa Tomás Alonso.

Segundo fontes do 112 Galiza, os feitos ocorreron por volta das 18 horas horas e foron os propios servizos sanitarios os que alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.

O suceso ocorreu á altura do número 44 da devandita vía e ata alí tamén se desprazaron efectivos da Policía Local.

Fontes deste corpo de seguridade indicaron que finalmente o menor resultou ferido leve, aínda que foi trasladado para a súa valoración nun centro hospitalario.

O neno botaría a correr cara á estrada, onde foi atropelado por un coche que pasaba polo lugar.