Ferido un mozo en Vigo após recibir un disparo

O mozo foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. (Foto: Y. C. M.)

Sobre as tres da madrugada da sexta feira ao sábado, o home, de 25 anos de idade, entrou no Hospital Meixoeiro da cidade olívica cunha ferida de bala no abdome, con orificio de entrada e de saída. Unha vez examinado foi trasladado ao Cunqueiro.

Un home de 25 anos de idade e de iniciais M.M. resultou ferido tras recibir un disparo no abdome esta madrugada en Vigo.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, sobre as 03:00 horas, o home entrou polo seu propio pé, apos baixar dun coche nas inmediacións, no Hospital Meixoeiro da cidade olívica cunha ferida de bala no abdome, con orificio de entrada e de saída.

Ao chegar ao centro hospitalario cunha ferida destas características, os servizos de emerxencias solicitaron a presenza das forzas de seguridade.

A continuación, debido á ferida que presentaba, foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde foi operado de urxencia.

Ademais, as mesmas fontes consultadas sinalaron que durante as últimas horas non se tivo coñecemento de que se produciu algún tiroteo en Vigo, polo que os efectivos policiais non desbotan que os feitos non se producisen na cidade.

Agora, os investigadores están á espera de poder interrogar o ferido e pescudar as circunstancias deste suceso, que xa está xudicializado.

A investigación céntrase en localizar o vehículo que o trasladou até o hospital.