Mobilizacións do movemento feminista galego neste 25-N

Símbolo feminista nun prado de Xanceda

Lugar e hora das concentracións.

A pandemia do coronavirus condiciona, e non pouco, as mobilizacións deste 25N mais non as suspende. O movemento feminista galego volve hoxe tomar as rúas para denunciar a violencia machista e contra a invisibilidade que esta loita esta vivindo durante  a crise sanitaria.

Diferentes colectivos en diferentes puntos do país convocan concentracións e mobilizacións no Día Internacional contra as violencias machistas.

As convocantes chaman, iso si, a respectar as debidas medidas de seguridade. "Que esta pandemia non faga esquecer outras pandemias que sufrimos as mulleres", "Contra a pandemia machista, vacina feminista", "Visibilizarmos o (in)visíbel", "Fronte ás violencias machistas, insubmisión feminista" son algúns dos lemas da xornada deste 25N.

Lugar e hora concentracións do movemento feminista

A Coruña, concentración 20h no Obelisco

As Pontes, concentración 19.30h na Praza do Hospital

 A Estrada,  concentración 20h diante do Concello

Ferrolterra, concentración 19h Praza Amada García

Carballo, cazolada 19.30h dende os balcóns

Catoira, concentración 20h no Adro

Celanova, concentración 19h na Praza Maior

Compostela, concentración 20h Praza do Obradoiro

 Lalín, 20.30h concentración KM0.

Lugo, 20h diante do Concello

Marín, cazolada 20.30h dende os balcóns

Miño, concentración 20.30h Praza do Parchís

Ourense, manifestación 19h Subdelegación do Goberno

San Cosme de Barreiros, 20h diante do Concello

 Vedra, concentración 20.30h velódromo municipal.

Vigo, manifestación 19h saída Vía Norte

Vilaboa, 20h diante do Concello

 Vilagarcía, concentración 20.30h na Praza de Galicia

Ademais destas convocatorias, institucións e organizacións sindicais tamén chaman a se mobilizar e expresar o rexeitamento á violencia machista.

Un exemplo é a central maioritaria na Galiza, a CIG, que convoca para esta mañá as seguintes concentracións:

A Coruña: ás 12h na Delegación do Goberno

As Pontes: ás 12h na Praza do Hospital.

Compostela: ás 12h no Complexo Administrativo de San Caetano.

Ferrol: ás 12h no Edificio da Xunta.

Lugo: ás 11h na Subdelegación do Goberno.

Ourense: ás 12h na Subdelegación do Goberno.

Pontevedra: ás 12h na Subdelegación do Goberno.

Ribeira: ás 11:30h na Praza do Concello.

Vigo: ás 12h no Edificio da Xunta

Vilagarcía: ás 12h no Servizo Galego de Colocación