Greve xeral de mulleres do 8M: O que cómpre saber

O feminismo galego ponse en marcha cara ao 8M

8M en Vigo o ano 2018

Decenas de convocatorias en cidades e vilas de todo o país chaman as mulleres a pararen a produción esta sexta feira 8 de marzo con motivo da greve polo Día Internacional da Muller Traballadora.

O pasado ano 2018, o feminismo fixo historia. Este ano 2019, espérase repetir a afluencia masiva nas concentracións e manifestacións convocadas por todo o país. Para non te perderes, eis a información básica da xornada.  

 

Cales son os obxectivos?

 

A Folga de Mulleres do 8 de marzo do 2019 asúmese desde o movemento feminista "como ferramenta para reclamar un mundo diferente no que o noso dereito a vivir unha vida digna se coloque no centro da axenda política, económica, social, educativa". Reivindícase así a soberanía sobre os nosos corpos e identidades, a soberanía sobre os nosos desexos, a soberanía sobre a vida que escollemos vivir, a soberanía alimentar, a soberanía política para o noso país, unha sociedade xusta na que os coidados sexan tarefa de todas e todos e a vida o centro da axenda política, garantir a igualdade de oportunidades e de dereitos nas condicións de traballo e na esfera social e o dereito a unha vida sen violencias de ningún tipo.

 

Quen convoca?

 

Galegas8M, unha rede de colectivos xurdida ao albor da folga do pasado ano 2018. Ese ano fixeron a súa primeira convocatoria unitaria -daquela fora o 4 de marzo en Vigo- e tras o éxito decidiron apostar de novo por esta fórmula este ano 2019. Non só convocan a manifestación unitaria nacional, senón que se encargan de organizar mobilizacións por todo o país o día 8: percorridos, peches, bloque non mixto ou espazos de coidados, entre outros. A xornada é o resultado do traballo de meses en asembleas que tiveron lugar en distintos puntos. Está composto por máis de 50 colectivos e asociacións, ademais de mulleres a nivel individual. O lema deste ano é "Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista". 

 

Que partidos apoian a convocatoria?

 

Na Galiza, En Marea, PSdeG e BNG amosaron o seu apoio á folga de mulleres. Segundo o movemento feminista, a Xunta de Galiza está a poñer trabas e dificultar o desenvolvemento da xornada mediante o incremento dos servizos mínimos e Alberto Núñez Feixoo chegou a aludir a Venezuela para atacar ao movemento. "O 8 de marzo é o día da igualdade en Venezuela tamén", dixo. Ciudadanos, a nivel estatal, sumouse este ano á folga logo de que o ano pasado a rexeitasen nos días previos e se unisen no último momento en vista do éxito. Se ben na Galiza, rexeitaron unirse á manifestación unitaria dado que a independentista María Osorio foi unha das lectoras do manifesto. 

 

É legal?

 

É, a greve foi rexistada polos sindicatos perante os organismos correspondentes (Traballo) e cumpre con todos os requisitos legais. "Todas as mulleres que secunden a Folga Xeral Feminista de 24 horas terán cobertura legal para exercer este dereito", indican desde o colectivo. 

 

Cal é a duración?

 

Galegas8m chama á greve feminista de 24 horas, se ben non todos os sindicatos se uniron á súa convocatoria. As asembleas de mulleres de CIG, CUT, CNT, e SLG forman parte de galegas8m e convocaron candasúas convocatorias de paros de 24 horas. CCOO e UXT convocan a nivel estatal paros de dúas horas por quendas, aínda que con posibilidade de amplialos. 

 

Como se sumar á greve?

 

A folga está planeada como un paro total de eixos da vida diaria nos que as mulleres teñen parte fundamental, polo que se estrutura en folga laboral, folga estudantil, folga de coidados e folga de consumo. Quen se quer unir á folga pode secundar os paros laborais e estudantís, secundar as diferentes mobilizacións e concentracións convocadas por todo o país, deixar de coidar sen delegar noutras mulleres, deixando de mercar e consumir nesta xornada, nomeadamente naquelas grandes empresas símbolo de explotación ás traballadoras ou amosar o seu apoio á greve pendurando mandís e outros elementos nos balcóns.

 

Os homes poden sumarse?

 

O papel dos homes nesta xornada debería ser o de axudar e apoiar as mulleres para que elas poidan levar o protagonismo no seu día de loita sen acumular cargas na súa vida privada. Así, deberían asumir as tarefas de coidados (crianza, alimentación, doméstico, maiores) durante todo o día, evitando que estas fiquen pendentes e dupliquen o traballo das mulleres os días seguintes á folga. Deberían tamén difundir e apoiar as convocatorias de folga e mobilizacións, acudir aos centros de traballo e visibilizar a folga de mulleres nos seus postos, e, de ser posíbel, achegar economicamente a un peto de resistencia no traballo para axudar as compañeiras que vaian á folga. Todas estas medidas facilitarían inmensamente a asistencia de mulleres á greve. 

 

Por que é preciso un bloque non mixto?

 

As mulleres son as artífices e suxeitos políticos destas mobilizacións. O protagonismo da manifestación é para o feminismo e as organizacións de mulleres. Os homes que acoden deberían facelo no papel de aliados, non de protagonistas, polo que non deben ir nas faixas ou portar altofalantes. Que os homes tenten liderar e ser protagonistas nunha folga de mulleres é outro modo de violencia que rexeitar, o seu papel é secundario e ten que ser asumido sen estridencia, sinala o colectivo.

 

Mobilizacións

 

A Coruña

Saída da manifestación 19.30 horas Obelisco

Fin: Fábrica de Tabacos

 

A Estrada

Manifestación, 12 horas

Saída da Praza do Mercado

 

A Guarda

Concentración, 12:30 horas na Praza do Reló

 

Allariz

Manifestación 12 horas

Praza da Barreira - Praza do Concello

 

Ames

 

Concentración 12 horas na Praza do Concello

 

A Pobra de Trives

Manifestación ás 19 horas

 

As Pontes

Concentración e ruada, 12 horas

Saída: Praza do Concello

Fin: Rúa 8 de marzo

 

Baiona

Encontro para ir á Ramallosa

11.50 horas Quedada no Peirao de Baiona para ir xuntas á concentración na Ponte da Ramallosa (13 horas). 

 

Betanzos

12 horas Praza da Constitución

Concentración. Convocatoria comarcal As Mariñas.

 

Bueu

Concentración, 12 horas na Casa do Concello de Bueu

 

Burela

Manifestación 20 horas

Saída: Estación de Tren

Chegada á Praza do Concello
 

Cangas do Morrazo

Concentración 20 horas na Praza do Concello

 

Carballo

Manifestación, 20 horas

Saída: Xulgados

Fin: Praza do Concello

 

Castro Caldelas

 Concentración, 19 horas na Praza do Prado

 

Cee 

Concentración, 12:30 horas na Praza 8 de Marzo

 

Cedeira 

Concentración, 12 horas diante do concello

 

Chantada

Concentración, 12 horas na Praza de Galiza

 

Compostela

Treboada Feminista 11.30 horas

Ruadas desde diversas localizacións.
Inicio(s); Rotonda da Galuresa, rotonda Paz (San Caetano), Praza Rodriguez Cadarso (Campus Sur) e rotonda de Concheiros. 

Fin: Alameda

Manifestación ás 20 horas.

Inicio: Praza 8 de marzo
Fin: Praza do Obradoiro
 

Cuntis

Manifestación 19.30 horas

Saída: Centro de Saúde
Fin: Praza das Árbores

 

Ferrol

Manifestación 19 horas

Saída: Praza Amada García (Edif. da Xunta)

Fin: Praza Amboaxe


 

Gondomar

 Encontro para ir á Ramallosa

11:50 Praza de Abastos de Gondomar, quedada para ir xuntas á concentración na ponte da Ramallosa (13 horas)

 

Lalín

Concentración ás 12 horas na Praza da Igrexa

 

Lugo

Manifestación, 20,00 horas

Saída da explanada do edificio da Xunta

Fin: Praza de Santa María

 

Marín

Manifestación 20.30 horas

Saída: Praza do Concello

Fin: Praza 8 de marzo

 

Melide 

Concentración, 20 horas na Praza do Convento

 

Miño

Manifestación 12.30 horas

Saída: Rotanda da Rúa Raxel

Fin: Praza do Parchís

13.30 horas Lectura do manifesto

 

Moaña

Concentración, 12 horas na Praza do Concello de Moaña

 

Monforte

 

Concentración,  20:30 horas na Praza España

 

Noia

Concentración, 20 horas na Praza do Concello

 

Nigrán

Encontro para ir á Ramallosa

11.50 horas quedada para ir xuntas ata a concentración na Ponte da Ramallosa (13 horas).

 

O Barco de Valdeorras

19:30 horas,  Flores e palabras para Clara, na Praza Clara Campoamor   

20:00 horas, Escoita as mulleres de Valdeorras na Praza do Concello

 

 

Ortigueira 

Concentración 12 horas

Diante do Concello

 

Ourense

13 horas concentración e xantar

Praza Maior. Xantar a partir das 14 horas

20 horas manifestación desde a Subdelegación do Goberno

 

O Valadouro

Tendal de mandís ás 10:30

 

Padrón

 Concentración, 20 horas na estatua de Rosalía

 

Poio

15 horas, xantar colectivo no fogar armadiña

Á 13 e as 20 horas, viaxe xuntas á manifestación en Pontevedra

 

Ponteareas

Concentración 12 horas na Praza Bugallal
 

Pontevedra

Concentración,13 horas na Praza da Ferrería

Manifestación 20 horas

Inicio: Praza do Hospital

Fin: Monumento Heroes Pontesampaio

 

Redondela

Concentración, 12 horas e 19 horas na Praza da Constitución

 

Rianxo 

 

Concentración, 20:00 horas na Praza de Castelao

 

Ribadeo

Ás 12 horas manifestación con saída da Praza 8 de marzo e chegada á praza do Concello

Ás 18.15 horas saída do aparacadoiro de San Lázaro para participar na manifestación comarcal en Burela ás 20 horas.

 

San Cibrao

19.30 horas no Porto, saída cara a Burela para acudir á manifestación das 20 horas.

 

Viana do Bolo 

Concentración, 12 horas na Praza Maior

 

Trabada

Concentración, 18 horas na Praza do Concello

Ás 18:40: saída para a manifestación de Burela.

 

Vicedo

Saída cara a Burela, 18 horas no porto. 
18.30 horas Parada en Xove
19 horas Parada en San Cibrao
20 horas chegada a Xove e manfestación

 

Vigo

Manifestación desde a Praza de España ás 20 horas

 

Vilagarcía

Concentración, 20.30 horas

Saída praza de Galiza

 

Vilalba

Manifestacións 12.30 horas e 20.30 horas

12.30 horas manifestación Praza da Constitución (percorrido circular). 
Desde as 13.30 horas actividades na carpa (Xantar, proxeccións, palestras, representación teatral)
20.30 horas manifestación Praza da Constitución (percorrido circular).

 

Vilamartín

11:30 horas, lectura do manifesto das mulleres na Praza do Concello

 

Vimianzo

Concentración, 20:30 horas na Praza do Concello

 

Viveiro

Concentración ás 12 horas na Praza Maior

Ás 18.30 horas, saída desde a explanada dos institutos cara Burela

 

Xove 

Xuntanza de mulleres, 17 horas local das Bolboretas (Urbanización Palmeiro). 
Xantar colectivo e faladoiro feminista. 
19 horas, Praza do Concello: Saída cara a Burela para acudir á manifestación ás 20 horas.