O feminismo galego convoca concentracións por todo o país para esta cuarta feira

Alerta feminista lanzada esta segunda feira pola Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.
O feminismo galego convoca para esta cuarta feira, día 18, concentracións en vilas e cidades galegas como denuncia e rexeitamento do triplo asasinato machista de Valga.

“Estas tres mulleres pagaron coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas”, di a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres nun comunicado emitido este mediodía chamando á veciñanza a participar mañá nas concentracións simultáneas en vilas e cidades de todo o país para reseitar o triplo asasinato de Valga. A Plataforma Feminista Galega tamén se sumou ás convocatorias para denunciar os asasinatos desta segunda feira en Valga.

Polo momento, están confirmadas hora e lugar das concentracións nas seguintes localidades:

Valga: 20:00h. Prazuela. Praciña de Valga

Allariz, 20:00 h na Praza do Concello

A Coruña, 20:00 h., Obelisco

A Estrada, 20:30h diante do Concello

A Guarda, 20:30h Praza do "Relò"

Ames- Bertamiráns, 20:00 h na Praza da Amaía 

Ames, Milladoiro, 20:00 h Paseo da Igualdade

A Rúa, 20h na Praza do Concello

As Pontes, 20:00 h na Praça do Hospital

Betanzos, 20:00 h a carón do Palco da Música

Brión 20:00 horas na praza do Concello 

Bueu, 20:00 h, diante do Concello

Burela. 20:30 h. Praza da Mariña

Cabanas, 20:00 h diante Casa do Concello.

Cambados, 20:30h, Praza "A Naiciña"

Cangas, 20h Praza de María Soliña

Carballo, 20:00 h na Praza do Concello

Carnota, 20:00 h Praza de Abaixo

Cee, 20.30h Praza 8 de Marzo

Celanova, 20:00 h Praza de Celanova

Compostela, 20:00 h Praza 8 de Marzo

Chantada 20.30 h Rrúa Leonardo Rodríguez

Cuntis, 21h Praza das árbores

Ferrol, 20:00 h Diante da Xunta

Lalín, 20:30 h Praza da Igrexa

Lugo, 20:00 h diante do Concello

Melide, 20:00 h Praza do Convento

Moaña, 20:00 h na Praza do Concello

Mondoñedo, 20:30 h Para do concello

Monforte, 20.15h Campo Santo Antonio

Porriño, 20.30 h na Praza do Concello.

O Barco de Valdeorras, 20:00 h Diante do Concello

Oroso. 12:00 h Praza Isaac Díaz Pareo.

Ourense, 20:00 h na Castañeira (Parque San Lázaro)

Pontevedra, 20:00 h diante da Audiencia

Redondela, 20h na Praza do Concello

Rianxo, 20:00 h na Praza de Castelao

Ribadavia, 20h na Praza Maior

Ribeira, 20:00 h, na Praza do Concello

Sada, 20:00 h Praza de San Roque

Tordoia, 20.30h diante do Concello

Val Miñor, 20:00 h Cruce da Ramallosa

Vigo, 20:00 h no MARCO

Vilaboa, 20h diante Casa do Concello

Vilagarcía, 20:30 h, Praza de Galiza

Vila de Cruces, 20h diante do Concello

Vilalba, 20.30h Casa da Cultura

Viveiro, 20:00 h, na Praza da Fontenova

Ademais, a comunidade educativa do IES de Valga convocou a unha concentración nas portas do centro mañá, terza feira, ás 12:30 horas.

[Noticia en ampliación]