O feminismo galego concéntrase en apoio á legalización do aborto en Arxentina

En Vigo e Compostela, ás 20:00 horas

A loita por un aborto legal e seguro ten esta cuarta feira unha cita chave en Arxentina, onde o Senado votará a despenalización do aborto, un paso aprobado no Congreso. Ao longo destes meses a cor verde foi o símbolo de millóns de mulleres que se mobilizaron en Arxentina por este dereito.

 

Para esta xornada hai convocada unha nova ‘vixilia’ polo feminismo arxentino na emblemática Avenida de Mayo de Bos Aires. A poucas horas da votación, ninguén se atreve a prognosticar un resultado.

 

En apoio ás compañeiras arxentinas, colectivos feministas de todo o mundo convocaron concentracións e mobilizacións para este 8 de agosto. Tamén na Galiza, onde as citas son na Praza do Obradoiro (Compostela) e fronte ao consulado arxentino de Vigo (R/ Príncipe), ambas as dúas ás 20:00 horas.