O feminismo galego chama a saír á rúa fronte á axenda da extrema dereita contra as mulleres

Concentracións esta terza feira en cidades e vilas da Galiza baixo o lema “Os nosos dereitos non se negocian!”.

“Nin un paso atrás en Igualdade e Diversidade, Feminismo contra fascismo”. Eis unha das chamadas que estes días circulan nas redes sociais desde o feminismo galego para convocar a acudir esta terza feira, 15 de xaneiro, a se concentrar en vilas e ciudades de Galiza fronte á extrema dereita. Mobilizacións que contan co apoio de tecido social, sindical e político.

 

“Os nosos dereitos non se negocian!” é unha das palabras de orde destas mobilizacións, nas que se quere expresar desde Galiza apoio e solidariedade para co feminismo andaluz fronte á irrupción da extrema dereita no parlamento e a súa axenda de recortes de dereitos e liberdades para as mulleres.

 

Lugar e hora:

 A Coruña. Ás 20 horas no Obelisco

Lugo: 19:30 diante do Concello

Ferrol. Ás 20 horas na praza da Constitución

Santiago de Compostela. Ás 20 horas na praza 8 de Marzo

Ribeira. Ás 20 horas na praza do Concello

Sarria. Ás 20 horas na praza da Constitución (diante do Concello)

Monforte de Lemos. Ás 20 horas na praza de España

Ourense. Ás 19 horas diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro)

Viana do Bolo. Ás 18 horas na praza Maior

Pontevedra. Ás 19 horas na praza da Peregrina

Vigo. Ás 20 horas diante do MARCO

Lalín. Ás 20:30 horas na praza da Igrexa