Crime machista

O feminismo convoca mobilizacións na Galiza polo asasinato de Manuela Iglesias

Mobilización contra o feminicidio (Imaxe: cig.gal)

Marcha Mundial das Mulheres convoca para esta segunda feira, 27 de xaneiro, mobilizacións en todas as cidades e en múltiples vilas da Galiza para denunciar o feminicidio e lembrar Manuela Iglesias Fernández, asasinada por violencia machista a mans do seu marido na tarde do sábado 25 de xaneiro.

O movemento feminista galego convoca para esta segunda feira, 27 de xaneiro, mobilizacións de denuncia ante a violencia machista e en lembranza de Manuela Iglesias, de 79 anos, última vítima por feminicidio no noso país.

Foi na tarde do sábado 25 de xaneiro, na Rigueira, no concello da Pastoriza, cando Hortensio Ónega, marido de Manuela Iglesias, asasinouna. Após o feminicidio el suicidouse saltando pola xanela da casa.

A neta e a súa parella atoparon o corpo sen vida de Manuela Iglesias no seu domicilio ao redor das 20,30 horas do sábado. O corpo da muller apresentaba un forte golpe na cabeza e varios cortes na cara e pescozo. Atopouse ademais un coitelo xunto ao corpo.

Mobilizacións

As mobilizacións convocadas para esta segunda feira, 27 de xaneiro, son as seguintes:

 

  • A Coruña: ás 20 horas no Obelisco.
  • A Estrada: ás 20.30 horas diante do Concello.
  • Ames, 20h Praza da Maia.
  • A Guarda: ás 20.30 hora na Praza do Reló.
  • A Pastoriza: ás 20 horas na Praza do Concello
  • Allariz: ás 19.30 horas na Praza do Concello
  • As Pontes: ás 20.30 horas na Praza do Hospital
  • Betanzos: ás 20 horas diante do Concello
  • Bueu, 20h diante do Concello
  • Cabanas 19h diante do Concello
  • Carnota, 19h na Praza da Pedra
  • Cée, 20h na Praza 8 de Marzo
  • Celanova: ás 20 horas na Praza Maior
  • Compostela: ás 20 horas na Praza 8 de Marzo
  • Ferrol: ás 20 horas na Praza de Amada García, ante o Edificio da Xunta
  • Lalín, 20:30h diante do Casino
  • Lugo: ás 20 horas na Praza Maior, diante do Concello
  • Melide, 20h na Praza do Convento
  • Miño: ás 20.30 horas na Praza Parchís
  • Moaña: ás 20 horas na Praza do Concello
  • O Porriño: ás 20 horas na Praza do Concello
  • Ordes, 21h na Alameda
  • Ourense: ás 20 horas na Castañeira (Parque de San Lázaro)
  • Pontevedra, 20:30h na Audiencia Provincial
  • Redondela, 20h na Praza do Concello
  • Ribadavia, 20h na Praza Maior
  • Ribadeo: ás 20.30 horas na Praza 8 de Marzo.
  • Verín: ás 20 horas na Praza Maior
  • Vigo: ás 20 horas no Marco