O feminismo, en alerta pola aprobación da nova lei do aborto

O feminismo está alerta. Diante da aprobación no Consello de Ministros da nova Lei do Aborto coa que Gallardón fará retroceder o dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo, o movemento feminista está a organizar concentracións para esta sexta feira.

 

A convocatoria rula pola rede co hashtag #alertafeminista e anuncia ás claras a tensión coa que o movemento feminista está a vivir a posíbel aprobación da lei coa que o ministro Gallardón asestará un duro golpe a unha das loitas históricas dos dereitos as mulleres.

Se a lei finalmente se aproba esta sexta feira no Consello de Ministros --como avanzou o ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, distintas concentracións e manifestacións convocadas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto protestarán nas rúas polo que desde o feminismo se entende como un atentado contra a liberdade das mulleres.

Na Galiza, se a lei se aproba na xuntanza deste Consello de Ministros as concentracións serán ás 19:00h.

VIGO. Diante do Marco
A CORUÑA. No Obelisco 
OURENSE. Na Casa do Concello 
COMPOSTELA. Diante da Sede do PP da rúa Alfredo Brañas 
FERROL. Na Casa do Concello 
LUGO. Na Subdelegación do Goberno 
RIBADEO: Diante da Casa do Concello.
PONTEVEDRA. Na Praza da Peregrina.
CANGAS: Casa do conello.