Feixoo pide que non se “estigmatice” os madrileños que viñeron a Galiza polo coronavirus

“Eles non son quen xeraron o problema”, afirma.

A preocupación e malestar da veciñanza en comarcas galegas das Rías Baixas ou A Mariña pola afluencia de madrileños procedentes da súa autonomía polo coronavirus foi constatábel nestes días, con reproches a que non se fechase ese territorio cando era o maior foco de persoas infectadas do Estado e os seus desprazamentos a outros territorios favorecían a expansión do covid-19.

O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, pide aos galegos e galegas que non se “estigmatice” os madrileños que nestes días chegaron a Galiza para pasar un tempo na súa segunda residencia. “Xerouse un problema mais eles non son que xeraron o problema”, dixo. E

“Non debemos, en ningún caso, estigmatizar a quen estea na Galiza neste momento, aínda que non resida habitualmente na Galiza”, dixo, se ben precisou que as visitantes deben permanecer confinados ·como o resto dos habitantes”.