Feixoo defende manter as oposicións educativas para “preservar os dereitos” das persoas opositoras

Oposicións en Silleda (Xunta).

O presidente da Xunta defendeu unha vez máis que se manteñan as probas da oferta pública de emprego (OPE) para a educación convocada para o mes de xuño, a pesar da situación de emerxencia sanitaria actual e de que boa parte das autonomías as adiaron para 2021.

"Só intentamos preservar todos os dereitos desas persoas que levan tantos meses estudando", dixo Núñez Feixoo, na rolda de prensa após a videoconferencia cos outros presidentes autonómicos e o mandatario español, Pedro Sánchez.

A pesar desta postura, explicou que "antes de tomar" calquera decisión, haberá que falar con expertos clínicos e ter en conta até cando estará vixente o estado de alarma. "No debate no Congreso, o presidente (Pedro Sánchez) deixou caer que era posíbel estender o estado de alarma máis aló do 26 de abril. Hoxe non aclarou nada ao respecto", dixo.

Ademais, Feixoo asegurou que "Galiza non é a única comunidade" que mantén as súas oposicións en ensino, xa que, dixo, Euskadi e Cataluña non se pecharon para facelas este ano. Porén, ambos os dous territorios o que si decidiron foi adiar as oposicións previstas.

Os sindicatos do ensino xa reclamaron a convocatoria "urxente e inmediata" da mesa sectorial de Educación para abordar a data concreta das oposicións. O sindicato maioritario no ensino público, CIG, xa solicitou que se aprazase a convocatoria