Feixoo defende agora dúas celulosas na Galiza

Feixoo nunha rolda de prensa. (Foto: David Cabezón / Xunta da Galiza)
“Galiza necesitaría dúas pasteiras e ímos quedar sin ningunha. Non hai ningunha empresa disposta a investir 400 millóns para construír unha pasteira fóra da ría”, dixo. 

Os máximos responsábeis do Partido Popular manifestaron e todo o seu apoio ás reivindicacións de ENCE e defenderon a continuidade da celulosa na ría de Pontevedra.

Se a primeira hora da mañá foi o seu portavoz na cidade, Rafael Domínguez quen se manifestou nese sentido, horas tardes o presidente da Xunta da Galiza reiterou o apoio ás demandas da pasteira. “Non estamos de acordo en ningún caso con desmantelar Ence”, afirmou Feixoo, quen destacou que “Galiza necesitaría dúas pasteiras e imos quedar sen ningunha. Non hai ningunha empresa disposta a investir 400 millóns para construír unha pasteira fóra da ría”.

As palabras de Feixoo contrastan coa posición mantida nun primeiro momento polo presidente galego e fixada na propia normativa autonómica. Así, en 2009, ao pouco da súa chegada ao Goberno, sinalou que “Ence non pode seguir na localización actual”, fixándose a obrigatoriedade da súa saída de Lourizán en 2011, nas Directrices de Ordenación do Territorio aprobadas nese mesmo ano polo Executivo do PP.