A Feira do Requeixo e do Mel das Neves rexistra un récord de asistencia

Éxito de público na Feira do Requeixo na súa edición de 2023. (Foto: Concello de As Neves).

A XXX edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves marcou un récord de participación superando todas as previsións de asistencia. Os organizadores non dubidan en cualificar o evento como un éxito.

A XXX edición da Feira do Requeixo e o Mel das Neves non defraudou. O encontro celebrado entre a sexta feira de 7 de abril e o sábado 8 marcou cifras máximas de asistencia.

A xornada deste ano ampliou un día máis a tradicional festa gastronómica do Condado. Neste sentido, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, amosouse satisfeito desta decisión.

A feira desenvolveuse este ano nun novo emprazamento. A este respecto, o rexedor local indicou que trasladar o evento á Praza Maior, “deulle máis espazo, máis dignidade, mellorou a súa estética e a proxección duns alimentos que, como o viño nos levan polo mundo, e iso é vivir nas Neves”.

A festa destacou pola ampla oferta de actividades e pola calidade da programación complementaria. Neste edición, o pregón correu a cargo do xornalista da Televisión Española Xabier Fortes.

A oferta musical do evento foi moi variada. Así, ademais das agrupacións e charangas que animaron o espazo feiral, destacaron os concertos da Roda e de Caamaño e Ameixeiras.

A feira desenvolveu unha programación específica dedicada ao público infantil. Nesa dirección, mantívose aberta unha carpa na Praza do  Concello, con actuacións e obradoiros diversos.

A calidade do requeixo e do mel das Neves é a chave do éxito desta feira . Precisamente, as primeiras referencias a produción do requeixo nesta localidade datan do século XII.

O mel é outro produto abundante nas comarcas do Condado e da Paradanta, como consecuencia da grande variedade de plantas aptas para actividade. Neste sentido, nos últimos anos tense avanzado moito no proceso de comercialización.