Feche indefinido no Hospital de Verín de persoal e veciñanza

Nais, matronas e veciñas protestan contra antes as portas do CHUO contra o traslado do servizo de partos desde Verín (Imaxe: Marcha Mundial das Mulleres)

“Verín non se pecha” é o lema do peche, que comeza esta segunda feira e demanda ao Sergas que dea volta atrás na súa decisión de clausurar o paridoiro e eliminar pediatría.

Desde as oito da mañá desta segunda feira persoal do Hospital de Verín e veciñanza da comarca inician un feche con carácter indefinido neste complexo hospitalario. Un peche co que protestar pola decisión do Sergas de poñer fin ao parideiro e suprimir o servizo pediátrico neste Hospital.

O feche demanda do Sergas que reverta esas medidas, que enmarcan na liña de recortes que sofre a sanidade pública e que nesta comarca xa supuxo a eliminación de Dermatoloxía. A peocupación é que o seguinte paso sexa o “desmantelamento” de Ciruruxía.

Este encerro prodúcese apenas horas despois de que miles de persoas se manifestasen en Verín contra estas decisións do Sergas


En Ampliación