Feche e folga en Urxencias do CHUS

O persoal do servizo de Urxencias do hospital Clínico de Santiago iniciaba ás 8:00 horas da mañá desta cuarta feira un peche de 24 horas para demandar medios humanos suficientes para poder atender a demanda asistencial que teñen

 

Cun cadaleito, unha coroa de flores, carpideiras e ataviado de negro o persoal de Urxencias simbolizaba o enterro da sanidade pública, en xeral, e do servizo de Urxencias, en particular, na entrada principal do hospital. Iniciábase así unha nova xornada de folga tras cinco semanas de mobilizacións agardando por unha solución ao conflito.

 

Camilo Agulleiro, presidente da Comisión Especializada de Centro, lembraba en conversa con Sermos Galiza que o persoal está na súa sexta semana de greve indefinida. “Nestes anos fixeron en Urxencias unha ampliación de espazos que non dotaron de persoal”. O paro procura que se dote do persoal necesario a este servizo. “Iso evitaría colapsos de urxencias e melloraría a atención dos usuarios”, indica.

 

Sitúa os recortes e as medidas adoptadas pola administración como responsábeis da actual situación.

 

Mantense así a folga e a convocatoria dunha manifestación para o vindeiro día 9 de xaneiro, con saída da Praza Roxa.